Bayar, Mahmut Celâl

Bayar, Mahmut Celâl

Político e economista turco. En 1924 fundou o Banco Is, en 1932 foi ministro de Economía e entre 1937 e 1939 primeiro ministro. Logo de fundar o Partido Democrático (1945), foi elixido Presidente da República en 1950 e reelixido en 1954 e en 1957. Foi derrocado por un golpe de estado militar no 1960 e condenado a morte por alta traición en 1961, pena que lle foi commutada pola de cadea perpetua. En 1964 foi posto en liberdade e, en 1966, amnistiado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Umurbey

  • Deceso

    Lugar : Ancara