1 berro

1 berro

(

  1. s m

    Emisión lingüística con moita intensidade e cun volume moi alto.

    Ex: Deu varios berros co fin de chamarlles a atención e aínda así ignorárono.

    Sinónimos: brado, bramido, grito.
  2. s m

    Son que emiten algúns animais.

    Ex: Estes bois non dan un berro nin ó xunguilos.

    Sinónimos: brado, bramido, bruído.

Frases feitas

  • Ferver a berro alto. Ferver enerxicamente.

  • Meterlle un berro a alguén. Rifarlle a alguén.

Palabras veciñas

berrieiro | berrio -rria | Berriz | 1 berro | Berro, O | Berrobambán | Berrocal, Miguel