beyos*

beyos*
s m [ALIM]

Queixo asturiano de leite de vaca ou cabra (non de mestura) e de pequeno formato, que se elabora no desfiladeiro de Los Beyos, nos Picos de Europa. O callado, predominantemente láctico, ten a codia rugosa e gretada, e a pasta sen ollos de cor amarela pálida é friable. O gusto vai desde suave a bastante forte, fundamentalmente manteigoso e lixeiramente afumado. O queixo de vaca de León, que se produce na parte leonesa de Picos de Europa, é moi similar.