bifurcación

bifurcación

(

  1. s f

    Acción e efecto de bifurcarse.

    Ex: O carreiro que vai por onda o río ten varias bifurcacións.

  2. s f

    Punto no que algo (camiño, vía férrea, etc) se bifurca.

    Ex: O percorrido da carreira de cross ten a meta na bifurcación do camiño.

  3. s f [MAT]

    No contexto das ecuacións non lineais, situación na que, para un valor crítico dun parámetro λ que nelas figura, cambia o número ou a estrutura das solucións. Este valor crítico de λ recibe o nome de punto de bifurcación. Os fenómenos de bifurcación teñen un papel importante nos casos de empenamento de barras ou placas delgadas, cambio de réxime no movemento dos fluídos e cinética das reaccións químicas, entre outros.

  4. bifurcación semántica [LING]

    Fenómeno lingüístico que provoca, por evolución histórica, que unha forma adquira dous ou máis sentidos diferentes. Xeralmente estes sentidos se relacionan, polo menos por oposición, como por exemplo loitar con eles (‘no seu favor’, ‘contra eles’). Loxicamente, a distancia pode ser maior ou, pola contra, moi imprecisa.

Palabras veciñas

bifosfito | bifronte | biftalato | bifurcación | bifurcado -da | bifurcar | Bifurcaria