Bifurcaria

Bifurcaria
[PROTISTA]

Xénero de algas mariñas da clase das feofíceas. No Atlántico, en costas protexidas no litoral inferior, é común a especie B. bifurcata. Os talos son cilíndricos, de ata 30 cm de lonxitude e 4 mm de diámetro, de cor castaña clara e ramificados de xeito dicotómico nun único plano, con áxilas arredondadas; están rematados en receptáculos, máis anchos e de ata 8 cm de lonxitude, e adhírense ao substrato mediante pequenos discos.

Palabras veciñas

bifurcación | bifurcado -da | bifurcar | Bifurcaria | big bang* | Big Ben | Big Heat, The