billarda

billarda

(

  1. s f [XOGO]
    1. Xogo de rapaces que consiste en bater cun pao cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor. No xogo empréganse dous paos, xeralmente de carballo; un deles chamado palán ou pao que mide un metro aproximadamente e o outro chamado billarda máis pequeno ca o anterior e afiado polas dúas puntas. Para comezar o xogo, márcase no chan un punto de partida e co palán dáselle un golpe forte na punta da billarda, esta ao estar afiada salta polo aire e nese momento golpéase co palán botándoa o máis lonxe posible.

      Sinónimos: estornela.
    2. billarda de parede

      ariedade de billarda que se diferenza por colocar o palán de forma oblicua, cun extremo no chan e o outro apoiado nun muro, guindándoo a través.

  2. s f

    Pao pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.

    Sinónimos: estornela.

Frases feitas

  • Xogar a billarda. Tomar o risco de cazar en tempada de veda.

Palabras veciñas

Bill, Tony | billa | billar | billarda | Billarda | Billarda, La | billardeiro -ra