billarda
(
-
s
f
[XOGO]
-
Xogo de rapaces que consiste en bater cun pao cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor. No xogo empréganse dous paos, xeralmente de carballo; un deles chamado palán ou pao que mide un metro aproximadamente e o outro chamado billarda máis pequeno ca o anterior e afiado polas dúas puntas. Para comezar o xogo, márcase no chan un punto de partida e co palán dáselle un golpe forte na punta da billarda, esta ao estar afiada salta polo aire e nese momento golpéase co palán botándoa o máis lonxe posible.
Sinónimos: estornela. -
billarda de parede
ariedade de billarda que se diferenza por colocar o palán de forma oblicua, cun extremo no chan e o outro apoiado nun muro, guindándoo a través.
-
-
s
f
Pao pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.
Sinónimos: estornela.
Frases feitas
-
Xogar a billarda. Tomar o risco de cazar en tempada de veda.