billar

billar

(< fr billard < bille‘toro, tronco’)

  1. s m [XOGO]
    1. Xogo de habilidade e de salón que se practica con tres bólas, xeralmente de marfil, impulsadas por paos chamados tacos sobre unha mesa rectangular provista de bandas elásticas, recuberta cun feltro verde ben tenso. Acadou gran difusión entre os medios aristocráticos e burgueses dos ss XVII e XVIII, e popularizouse posteriormente. A mesa na que se xoga é dúas veces máis longa ca larga, e os tacos son delgados e lixeiramente cónicos. A variedade de billar máis practicada é a das carambolas ou partida libre; xógase con tres bólas (branca, mingo e marcada) entre dous equipos ou dous xogadores, que deben tocar coa bóla propia as outras dúas, e procurando situalas nunha posición favorable para poder repetir a xogada. A partida fíxase a un número determinado de carambolas, e gaña o primeiro que chega a ese número.

    2. billar americano [ingl: pool]

      ariedade moi popular do billar que consiste en introducir un determinado número de bólas (un dos xogadores ou parellas as dunha soa cor e os rivais as raiadas) en seis buratos dispostos ao longo do perímetro que forma o rectángulo da mesa, coa particularidade de que sempre se deben introducir golpeándoas coa bóla branca, deixando para o último lugar a única bóla negra que, á súa vez, deberá entrar polo mesmo lugar por onde entrou a última bóla de cor ou raiada.

  2. s m [XOGO]

    Establecemento ou sala destinada ao xogo do billar.

Palabras veciñas

Bill, Max | Bill, Tony | billa | billar | billarda | Billarda | Billarda, La