Biot, lei de
Biot, lei de
[FÍS]
Lei que establece que o ángulo de rotación do plano de polarización dunha luz que atravesa unha substancia opticamente activa ( actividade óptica) é, aproximadamente, α=lc/λ2, onde λ é a lonxitude de onda da luz, l a lonxitude do medio activo e c a súa concentración. Toda substancia que cumpre esta lei ten unha curva de dispersión plana.