Black Maria
Black Maria
Primeiro estudo norteamericano para a rodaxe do cinetoscopio. Foi construído en 1894 en West Orange (Nova Jersey) por Thomas A. Edison. Consistía nunha especie de hangar totalmente pintado de negro, e no seu interior os actores, vestidos e maquillados de branco, producían sobre o fondo negro a sensación de recheo.