Blind Watchmaker
Blind Watchmaker
[INFORM]
Programa de ordenador desenvolvido polo biólogo Richard Dawkins para ilustrar algúns dos principios evolutivos sobre os que se basea o seu libro The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego). A aplicación crea debuxos lineais sobre a pantalla do ordenador que se poden variar ao facer cambios en calquera dos nove parámetros. Dawkins pensaba que os debuxos lineais eran análogos a organismos e deulles o nome de biomorfos.