blindaxe
(
-
s
f
Acción de blindar.
Ex: Os operarios realizaron unha nova blindaxe do casco do barco. O ministro viaxa nun coche con blindaxe.
-
s
f
[BÉL]
Capa de material especialmente resistente (aceiro, formigón, etc) coa que se reviste un vehículo, un barco ou unha fortificación, para protexelos dos proxectís, do lume, etc. A evolución da blindaxe estivo marcada pola evolución dos sistemas ofensivos, tanto que modernamente o extraordinario incremento da potencia das novas armas relegou a blindaxe a un segundo termo ( artillería). As blindaxes de formigón aplicáronse en bastimentos fixos (niños de metralladoras) e as de aceiro e outras aliaxes a enxeños móbiles (barcos, tanques, avións, etc). Aínda que na Antigüidade clásica ou nos barcos viquingos pódense atopar precedentes das actuais blindaxes, a aparición destas no sentido estricto de coirazas, sitúase no s XIX. A aparición da granada fixo que desaparecesen os barcos de madeira e que aumentase a blindaxe. En 1859 botouse a fragata francesa La Gloire, antecesora dos acoirazados, e ao ano seguinte construíuse en Gran Bretaña o primeiro barco de guerra de caixa metálica, ademais de blindado. A Guerra de Secesión americana acelerou o perfeccionamento das técnicas de blindaxe que se concretaron nun novo tipo de barco: o acoirazado. O grosor das blindaxes dos últimos acoirazados oscilaba ao redor dos 400 mm (blindaxe vertical e torres de artillería) e os 200 mm (blindaxe horizontal). O primeiro material empregado foi o ferro forxado, unido á madeira; posteriormente utilizouse a disposición dunha lámina de madeira en medio de láminas de ferro, máis tarde empregáronse diversos aceiros e algúns deles especiais. Actualmente, exceptuando as blindaxes horizontais de certos portaavións, constrúense sen blindaxe a maioría dos barcos de guerra modernos. A blindaxe dos tanques pasou das pranchas de ferro forxado de 20 mm de grosor da coiraza blindada do tanque Tigre II, durante a Segunda Guerra Mundial, ás posteriores combinacións de diferentes pranchas superpostas de aceiro doutras aliaxes (sandwiches) de case 300 mm de grosor, ata a máis recente blindaxe; o Chobhham Armour, constituída por dúas pranchas de aceiro aliado que emparedan unha capa constituída por unha mestura de materiais cerámicos e aliaxes lixeiras, capaz de neutralizar os proxectís ao defender a capa intermedia de propagación lateral do efecto perforante.
-
s
f
[ENX]
Cuberta metálica empregada para evitar os efectos dun campo eléctrico ou magnético exterior sobre un circuíto, elemento ou aparello eléctricos. Cando cómpre blindar as conexións dun aparello faise mediante fío ou cable blindado que vai recuberto cun trenzado metálico conectado á masa ou terra do aparello.
-
s
f
[TECNOL]
Revestimento que recobre total ou parcialmente unha máquina, aparello, vehículo, recinto ou cousa, impedindo que determinadas substancias (pós, gases tóxicos, líquidos corrosivos) ou certos efectos físicos (penetración, choque, calor, radiacións, campos eléctricos, etc) poidan traspasalo e afectar de xeito non desexado ao exterior ou ao interior, segundo os casos.