Boo

Boo
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que facía referencia ao carácter bondadoso da persoa a quen se lle aplicaba. Esta forma xa se usaba como cognome na onomástica latina, aínda que se fixo moi frecuente no período medieval funcionando como prenome e como alcume. Unha variante deste apelido é Bon. Na época medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe castelá, procedente do lugar de Boo, no municipio santanderino de Astillero, de onde tomou o nome. A rama que pasou a Galicia asentouse en Ribadeo. As súas armas levan, en campo de sinople, unha muralla de prata rota por dúas partes, e superada dunha aguia de ouro, coroada do mesmo metal e picada de sable.