boogie-woogie*

boogie-woogie*
  1. s m [MÚS]

    Estilo pianístico para interpretar o blues. Caracterízase polas figuras repetitivas executadas pola man esquerda, baseadas na progresión de acordes do blues. Despois da Primeira Guerra Mundial, Detroit e Chicago acolleron a gran parte dos pianistas deste estilo.

  2. s m [ESPECT]

    Xénero de baile de movemento rápido.