Bote
Bote
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que pasou a Castela, fundando casa en Ávila. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de tres listas: a superior de goles, a do centro de ouro e a inferior de azul, engulida en cabezas de dragóns de sinople. Algúns poñen unha banda axadrezada de ouro e goles.