brigantina
brigantina
s
f
[HIST/HERÁLD]
Coiraza formada por pequenas láminas de aceiro, en forma de loriga, que se superpoñen unhas a outras a xeito de escamas e que se suxeitan a unha tela forte ou peza de coiro por medio de cravos ramachados. Algunhas, a proba de tiros de besta, acadaron os 26 quilos de peso. Empregouse en guerras e torneos entre os séculos XII ao XVI.