brigantino -na
brigantino -na
(< lat Brigantīnus
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Betanzos ou aos seus habitantes.
Ex: A igrexa de San Francisco é unha boa mostra da arte brigantina.
-
s
Natural ou habitante de Betanzos.
Ex: Os brigantinos son xente moi alegre.
-
adx
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Brigantium ou aos seus habitantes.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo brigantino.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no convento lucense, que tiña por núcleo principal Brigantium. Localízase con certas dúbidas na bisbarra de Bergantiños. É posible que fose unha fracción dos ártabros (arrotrebae), pobo de difícil localización situado aproximadamente entre o cabo Ortegal, ao N, e o de Fisterra, ao O.
-
adx