Buddleja

Buddleja
[PLANTA]

Xénero de arbustos da familia das buddleiáceas que se caracterizan por ter pelos en forma de estrela e a corola en forma de tubo longo. En Galicia pódese atopar cultivada como ornamental ou mesmo naturalizada a especie B. davidii, que procede de China; esta caracterízase por acadar ata 4 m de altura e ter follas de ata 15 cm de lonxitude, caducas, opostas e lanceoladas, e flores tetrámeras, pequenas e arrecendentes, dispostas en acios apertados e alongados, de ata 25 cm de lonxitude. A primeira vez que se cultivou en Europa foi mediante sementes levadas ao Museo de París a finais do s XIX.

Palabras veciñas

Buddh Gaya | Buddhaghosa | Buddhavamsa | Buddleja | Budé, Guillaume | budia | Budia