Burgers, vector de
Burgers, vector de
[FÍS]
Na teoría da elasticidade, vector constante que incrementa o de desprazamento cando se describe un contorno pechado arbitrario ao redor dunha liña de dislocación. O vector de Burgers é igual en magnitude e dirección a un dos períodos do retículo do cristal considerado.