Burgenland
Burgenland
Land de Austria (3.965 km2, 276.067 h. [1998]). A capital é Eisenstadt (11.647 h [1998]). Constitúe unha área de transición entre os Alpes e a chaira Panónica. Os solos son moi bos (loess, terras negras), principal motivo da alta densidade de poboación e do hábitat rural concentrado. A maioría da poboación é de fala alemá e de relixión católica, pero hai minorías étnicas (croatas, húngaros) e relixiosas (protestantes). O Burgenland, antigamente austríaco, pasou a poder de Hungría no ano 1647, pero ao acabar a Primeira Guerra Mundial unha parte do territorio foi atribuído a Austria. En outubro de 1921 celebrouse un plebiscito que deu como resultado a integración en Hungría da cidade principal, Sopron.