Burgo, Santa Marta do
Burgo, Santa Marta do
Ermida gótica situada en Baiona. Foi construída entre os últimos anos do s XIII e os primeiros do s XIV. Conserva da primitiva fábrica a nave e a ábsida rectangular. A portada occidental remata nun arco apuntado e na setentrional nun arco de descarga semicircular que abre a porta e o tímpano liso sostido por dúas mochetas con perfil de nacela. Os beirís da nave están sostidos por canzorros sen apenas desbastar. Na ábsida atópase unha cruz de palmas cun pequeno burato no medio.