cacique
(
-
s
m
[HIST]
Xefe indio nas tribos das Antillas; posteriormente este nome estendeuse polo resto da América hispánica.
-
s
m
[HIST/POLÍT]
Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, por mor do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo. A súa actuación adoitaba estar marcada polo favoritismo e o clientelismo; ademais, lograba defraudar nas votacións de xeito que saise elixido o candidato proposto polo poder. O cacique foi un elemento fundamental nas democracias parlamentarias latinas de finais do século XIX e comezos do XX, sendo en Galicia onde acadou a súa manifestación paradigmática. A figura do cacique foi obxecto de crítica por moitos escritores e políticos galegos. Para Valentín Lamas Carvajal, a tríade cacique-alcalde-secretario son os tres deuses do olimpo campesiño, como reflectía no Catecismo do labrego (1889): “-Quen son eses deuses?, -O alcalde noso señor, o secretario noso amo e o cacique noso dono”. Unha das críticas máis rotundas foi a que manifestou José Ojea en El mundo rural (1890) para quen “o cacique é unha variedade ben abundante dunha familia de roedores. Son as ratas bímanas das oficinas e da poboación rural”.
-
s
m
[POLÍT]
Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.
Ex: O alcalde é un cacique, obtén os seus votos grazas ós favores que realiza a cargo dos orzamentos públicos.
Confrontacións: déspota.