caderna

caderna

(

  1. s f [MAR]

    Cada unha das pezas arqueadas, fixadas transversalmente á carena, que constitúen a carcasa do buque e soportan o forro. Están compostas por diversos elementos de madeira nas embarcacións deste material ou por perfís angulares nas metálicas. As cadernas mestras están dispostas nos puntos de maior manga e, polo tanto, son as máis grosas. En cada embarcación hai unha ou, eventualmente, dúas. As cadernas principais son as que soportan outras cadernas máis curtas e pequenas. As cadernas reviradas teñen os dous brazos dispostos simetricamente, cara a cada extremo do buque, respecto ao plano diametral. As cadernas fortes son as primeiras que se colocan na construción da embarcación. As cadernas planas, de gran curvatura, están dispostas na parte máis ampla do esqueleto da embarcación.

    Ex: Vimos o esqueleto dunha dorna coas cadernas á vista.

    Sinónimos: costela.
  2. s f [AERON]

    Elemento transversal da estrutura do buque ou dunha aeronave que ten por misión asegurar a forma exterior e transmitir ás paredes as cargas transversais, no caso das estruturas de revestimento resistente.

  3. s f [ETN]

    Peza de madeira do arado, en forma curva, por onde agarra a persoa que o vai dirixindo.

    Ex: A caderna vai situada na parte posterior do arado.

    Sinónimos: rabela.
  4. s f [LIT]

    Combinación estrófica de catro versos de catorce sílabas cada un (alexandrino), compostos de dous heptasílabos, coa mesma rima consonante. Chámaselle tamén tetrástrofo monorrimo (estrofa de catro versos cunha única rima). É unha forma propia da poesía culta medieval. Adopta como norma constante o hiato para acadar unha versificación regular fronte á tendencia á irregularidade na medida do verso popular da época. Empregárona os poetas casteláns que cultivaron o chamado Mester de Clerecía, como Gonzalo de Berceo, Pero López de Ayala ou os escritores anónimos do Libro de Apolonio (1250?) e do Libro de Alexandre (1230-1250?).

Formas incorrectas

cuaderna

Palabras veciñas

cadencia | cadencioso -sa | cadeneta | caderna | cadernal | caderno | Cadernos