Cagide

Cagide
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural do concello lugués de Navia de Suarna, desde onde se estendeu por case toda Galicia. As súas armas levan en campo de sinople, unha banda de prata, cargada de tres armiños de sable; bordo de ouro, con oito elos de cadea de azul, quebrados de dous en dous.