Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo

Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo
[PUBLIC]

Memoria editada en Vigo a partir do ano 1909 na imprenta de La Concordia. Figuraba como presidente da entidade Ricardo Senra Fernández, alcalde da cidade. Estaba dividida en dúas seccións: “Memoria” e “Datos estadísticos de 1904 a 1908”, na que aparecían cadros económicos ilustrativos. Reapareceu en 1927 co subtítulo de “Balance general y resumen de operaciones”. Seguiu editándose ao longo dos anos e foi introducindo artigos de interese económico e social como “Préstamo al Real Club Celta para adquisición del estadio de Balaídos” (1945) ou “Operaciones del Monte de Piedad” (1945). Nos boletíns posteriores (1985) xa aparece unha división máis estruturada, no que se incluían as seccións: “Análisis del Balance”, “Organización Administrativa”, “Marketing”, “Personal” e “Relaciones públicas y publicidad”.

Palabras veciñas

caixumela | caixumelear | caixumelo | Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo | Caja de Lara, Isidro | Caja Madrid | Caja Postal de Ahorros