Caja Madrid

Caja Madrid

Entidade financeira constituída en Madrid en 1703. En 1999 era a cuarta entidade financeira española. Promoveu unha importante obra sociocultural que en Galicia se concretou na financiación de diversas iniciativas culturais como a restauración do coro da catedral de Santiago de Compostela ou a elaboración da Colección de Autores de O Correo Galego.