Caja Postal de Ahorros

Caja Postal de Ahorros

Entidade financeira constituída en Madrid pola lei de 1909. Actuou como organismo autónomo financeiro dependente do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. Diferenciouse do resto do sector en que os seus excedentes se distribuían en partes iguais entre o Tesouro Público e o fondo reservado do organismo. Converteuse en sociedade anónima en 1992 e integrouse dentro do grupo Argentaria, Corporación Bancaria de España.