cama
(< lat v cama < camba)
-
s
f
Moble construído cunha armazón de madeira, bronce ou ferro e un metálico sobre o que se pon un colchón e roupa de abrigo como sabas, cobertores ou colchas, onde se deitan as persoas para descansar e durmir. Na tradición oral recóllense expresións como: “A cama é boa cousa: o que non pode durmir, repousa. A cama redonda fai a noite longa. Na cama, durmida, non se goberna vida. Na cama redonda, pouco sono e moita troula. En cama pequena deitarse no medio, que é o mellor remedio. En martes, nin a cama mudes nin a roupa laves. O home na cama, fame na casa”.
Ex: Comprou unha cama para o seu dormitorio.
Sinónimos: leito. - s f
-
s
f
Capa de estrume que se bota na corte dos animais para que durman e obter deste xeito o esterco que fertilizará os campos.
Sinónimos: camada. -
s
f
Praza dun hospital ou dun hotel
Ex: Chamou con moita antelación ó hotel para saber se había camas.
-
s
f
[MAR]
Concavidade que forma a embarcación varada na area ou en calquera superficie branda.
Frases feitas
-
Caer na cama. Poñerse enfermo.
-
Facer a cama. Dispoñer a cama adecuadamente para poder descansar ou durmir nela.
-
Facerlle a cama a alguén. Facer algo de maneira secreta para prexudicar a alguén.
-
Gardar cama. Repousar na cama por enfermidade.
-
Subirlle as orellas á cama. Facer a cama levantando unicamente as sabas.
Refráns
- A cama come.
- Bótate na túa cama e pensa no da túa casa.
- Casado sen leito é coma casa sen teito.
- En cama pequen a deitarse no medio, que é o mellor remedio.
- Na cama, durmida, non se gobema vida.
- Na mala cama mal se dorme.
- Ó pe da cama, nin viño nin auga.
- O que ten cama e dorme no chau, merece que o mallen cun pau.
- tmonos para a cama, que o sono mata a gana e o frío tómao a roupa e unha pema quenta a outra.