camáldula
camáldula
-
s
f
[RELIX]
Rama bieita de tendencia eremítica, fundada por san Romualdo no 1012 seguindo a regra de san Bieito, en Camaldoli (Toscana), aberta tanto á vida solitaria dos ermitáns como á vida cenobítica ou en común. En 1513 uníronse eremitas e cenobitas, pero en 1616 volvéronse separar. A rama cenobítica incluíuse (1935) na confederación beneditina co nome de Congregación Benedic22tina dos Monxes Eremitas Camaldulenses. Os eremitas uníronse ao grupo fundado en Monte Corona (1528) e constituíron a Congregación dos Eremitas Camaldulenses de Monte Corona. Existen tamén seis mosteiros femininos.
Sinónimos: camándula. -
s
f
Edificio da orde dos camáldulas.