campesiñado
campesiñado
(< campesiño)
s
m
Grupo social formado por aquelas persoas que viven da explotación dos recursos da terra e que dispoñen da familia como forza de traballo. O termo emprégase na socioloxía e na historiografía para estudar as sociedades campesiñas latifundistas como as de Andalucía e Francia. En Galicia investigadores como Lorenzo Fernández decantáronse polos termos de agrarismo e agrarista á hora de estudar este fenómeno. Aínda así, Pérez Touriño, no eido económico, e Cardesín, no sociolóxico, empregan o termo de campesiñado.