Campesiños, Guerra dos

Campesiños, Guerra dos
Nome científico: [Bauernkrieg]

Levantamento dos campesiños alemáns movidos polas prédicas de Andreas Karlstadt e Thomas Müntzer durante a Reforma protestante (1524-1525). Iniciouse na Selva Negra e estendeuse por Suabia, Renania, Hessen, Turinxia, Saxonia e o Tirol. Reivindicaban os Doce puntos dos campesiños de Suecia (1525), que incluían, entre outros, a abolición da servidume e das prestacións persoais, a diminución dos décimos, a devolución das terras comunais usurpadas, a liberdade de caza e pesca e a elección dos sacerdotes. Pouco organizados, percorreron o país destruíndo abadías e propiedades. En 1525 Lutero publicou un escrito condenando a revolta e instando os príncipes a rematar co levantamento. O exército da Liga suaba derrotou as bandas campesiñas que sufriron unha dura represión co axustizamento de máis de cen mil campesiños.

Palabras veciñas

Campesino, El | Campesino, El | Campesino, Teatro | Campesiños, Guerra dos | campestre | Camphorosma | Campi