caoba
caoba
(
-
s
f
[PLANTA]
Árbore dos xéneros Swietenia e Khaya da familia das meliáceas, de ata 15 m de altura. Ten tronco recto, follas perennes, pinnadas, coriáceas e brillantes, flores pequenas e brancas, agrupadas en panículas e froitos en cápsula leñosa. Vive nas selvas chuviosas tropicais. Destacan pola súa importancia económica: S. mahogani, que recibe o nome de caoba americana, S. macrophylla, que medra desde o Yucatán ata a parte norte do Brasil e do Perú, e K. senegalensis, propia da metade occidental de África Central. A madeira de caoba (dura, densa e de cor rubia) é fácil de traballar e boa para pulir, e goza, desde o século XVIII, da máxima estima en ebanistería.
-
caoba das Filipinas
Nome comercial da madeira do lauan.
-
caoba vermella
Nome comercial da madeira do Eucalyptus diversicolor.