caodaísmo
caodaísmo
s
m
[RELIX]
Relixión sincretista fundada por Phu Ngo-van-Chien en Vietnam entre 1919 e 1925. Recolleu o códice moral do confucianismo, a doutrina da reencarnación do budismo, as prácticas ocultistas do taoísmo, o ideal de amor universal, o símbolo de Deus (Cao Dai) do cristianismo e a veneración dos antepasados do espiritismo. Foi proclamada oficialmente en 1926 e organizouse tamén como comunidade económica e militar. Posteriormente, o seu exército integrouse no de Vietnam do Sur. Ten máis de dous millóns de adeptos.