carnal
carnal
(
-
adx
Relativo ou pertencente á carne, en oposición ao espírito.
Ex: Os homes como seres carnais non deben xulgar actos espirituais.
-
adx
Relativo ou pertencente á relación sexual.
Ex: A única afinidade que tiñan era un forte desexo carnal recíproco.
-
adx
Aplícase á persoa que está ligada a outra por un parentesco de consanguinidade. OBS: Xeralmente acompaña os substantivos primo, sobriño, tío, e os seus correspondentes femininos.
Ex: O seu tío carnal levárao de pequeno a ver o mar.
-
adx
[RELIX]
Relativo ou pertencente ao período do ano no que se pode comer carne, en oposición á Coresma.