carnalita
carnalita
(< antropónimo R. vonCarnall, enxeñeiro alemán)
s
f
[MINERAL]
Cloruro de magnesio e de potasio hidratado, de fórmula KMgCl36H2O. Cristaliza no sistema rómbico, de cristais pouco frecuentes, incoloros ou avermellados. Ten dureza 2,5 e peso específico 1,6. É o sal potásico máis importante das explotacións salinas do norte de Alemaña.