carnaval
(< ital carnevale < latcarne levāre ‘quitar a carne’)
-
s
m
Período de tres días que precede á Coresma.
Ex: Polo carnaval sempre facemos orellas.
Sinónimos: entroido. -
s
m
Festa popular, celebrada neste período, que se caracteriza polas máscaras, bailes, comidas tradicionais, etc. Ten a súa orixe nas antigas bacanais (en honor do deus Baco), nas saturnais (en honor de Saturno) e nas lupercais (en honor do deus Pan), así como noutras festas orxiásticas e misteriosas que se celebraban en Grecia e Roma. O cristianismo non conseguiu destruír estas tradicións totalmente, malia as persecucións das antigas relixións por parte da Igrexa. A partir do s VI o carnaval acadou un grande esplendor en Italia, particularmente en Venecia. Na Idade Media, o carnaval foi menos licencioso ca na Antigüidade, pero máis groseiro e desprovisto de misterio. Tanto en Italia como en Francia e España, adoitábase rematar o carnaval co popular enterro do carnaval, que consistía en queimar un boneco de palla despois de pasealo polas rúas e prazas das poboacións, en medio dun gran bulicio.
Ex: Este ano decidimos ir ó carnaval de Venecia.
Sinónimos: entroido. -
s
m
[ANIMAL/ICT]
[Ho