Carolina

Carolina

Colonia británica que correspondía aos actuais estados norteamericanos de Carolina do Norte e Carolina do Sur. O seu territorio descubriuno en 1512 Juan Ponce de León e en 1584 Isabel I de Inglaterra concedeullo a sir Walter Raleigh. No s XVII establecéronse os primeiros asentamentos no territorio. Cara ao 1665 Carlos II de Inglaterra entregouno a unha compañía de nobres ingleses que lle chamaron Carolina en honor do seu monarca. En 1729, a compañía concesionaria do territorio vendeulle os seus dereitos á coroa británica por mor dos problemas ocasionados polos ataques da tribo dos fuscarolas. Foi nesa data cando o goberno británico dividiu o territorio nas colonias reais de Carolina do Norte e Carolina do Sur.