carpeta

carpeta

(< fr carpette ‘tapete’

  1. s f

    Parella de cubertas, normalmente de cartón, unidas nos extremos por unha tea, cintas ou o mesmo cartón dobrado, que se utiliza para gardar papeis, documentos, debuxos ou cousas semellantes.

    Ex: Caeume a carpeta nunha poza e estraguei parte dos apuntamentos de hoxe.

    Confrontacións: cartafol.
  2. s f [INFORM]

    Subdirectorio dentro dos sistemas operativos Macintosh ou Windows ou un grupo de iconas de programas no OS/2. Emprégase para gardar outras carpetas e documentos no seu interior.