Carta Olímpica
Carta Olímpica
Documento redactado polo Comité Olímpico Internacional (COI), que regula os principios fundamentais do Movemento Olímpico. Nos seus artigos recolle as normas polas que se deben rexer o COI e os distintos comités olímpicos nacionais, os requisitos que deben reunir as federacións internacionais dos deportes adheridos ao movemento olímpico e as bases para a organización dos Xogos Olímpicos, así como para a participación neles dos diferentes equipos e deportistas. A Carta Olímpica xurdiu coa constitución do COI o 23 de xuño de 1894. Só o órgano supremo do COI, a súa Asemblea Plenaria, pode introducir emendas na Carta Olímpica.