cártel
(< al Kartell)
-
s
m
[ECON]
Acordo limitado entre diversas empresas co fin de evitar ou reducir a competencia mutua, conservando a independencia técnica, económica e financeira. O seu obxectivo principal é conseguir unha posición monopolística no mercado. Segundo a natureza do acordo, os cárteles pódense clasificar en diversos grupos: de prezo de compra e venda, nos que as empresas se comprometen a seguir unha determinada política de prezos; de condicións de compra e venda, nos que as empresas fixan tamén outras condicións, como as de pagamento, formas de contrato, etc; de produción, nos que se asigna a cada empresa un programa de produción que pode comprender tanto o tipo de produto fabricado como o mesmo volume de produción; e de distribución de mercados, ben para determinadas zonas xeográficas ou motivado por outras características. Os cárteles apareceron en Alemaña ao final do s XIX. Houbo unha coincidencia, case xeral, na consideración do cártel como unha organización contraria aos intereses dos consumidores; sen embargo, as lexislacións dos países capitalistas moderaron a súa posición inicial e admiten determinadas formas de acordo tendentes á mellora dos produtos e á racionalización dos procesos de produción e distribución.
-
s
m
Agrupación de persoas con finalidades ilícitas, normalmente traficantes de droga.
Ex: Sospeitan da conexión do grupo de narcotraficantes cun cártel colombiano.