Cartel
Cartel
[PUBLIC]
Revista cultural quincenal que apareceu en decembro de 1945 en Vigo. Pódese considerar como a continuación dunha publicación que saíra en 1937 baixo o mesmo título. Subtitulouse “Revista de la vida gallega”. Dirixiuna Xulio Sigüenza e colaboraron nela Victoriano Taibo, Ánxel Fole e Xosé Outeiriño Blanco. Entre os contidos aparecían fotografías de Cameselle e Pacheco, artigos sobre música, xeografía, pintura e cine, e seccións dedicadas aos ecos de sociedade, ás estreas de cine e teatro ou ás actividades dos galegos no estranxeiro, como a estrea en París de Divinas palabras de Valle-Inclán ou as exposicións de Laxeiro en Madrid.