Castela, Coroa de

Castela, Coroa de

Estado formado, orixinariamente, con Fernando III trala unión definitiva, no 1230, dos reinos de León (co antigo Reino de Galicia) e de Castela (coas terras de Gipuzkoa e a cidade de Vitoria) e o conxunto de territorios conquistados aos musulmáns por ambos os dous reinos: o Reino de Toledo (1085) e Extremadura (1229-1230). A Reconquista ampliou, posteriormente, estes dominios, que aínda medraron máis coas anexións do condado de Araba (1200, 1332), o señorío de Bizkaia (1379) e o Reino de Navarra (1515), así como as prazas africanas de Melilla (1497) e o Peñón de Vélez de La Gomera (1508), as Islas Canarias (1500) e os territorios das Indias Occidentais (1492). Xuridicamente, a Coroa de Castela desapareceu definitivamente despois do 1834 coa Constitución de 1837.