Castela a Vella

Castela a Vella

División administrativa española vixente desde o segundo terzo do s XIX ata 1978, que comprendía as provincias de Santander, Burgos, Logroño, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia. Estendíase desde a Cordilleira Cantábrica ata o Sistema Central e desde o Sistema Ibérico ata as terras leonesas. A maior parte deste territorio forma parte da conca do río Duero.