castrón

castrón

(< castrar)

  1. [ANIMAL]
    1. s m

      Macho cabrío, especialmente o castrado.

      Ex: Comprou un castrón para non ter que levar a cabra ó macho.

      Sinónimos: beche, bode.
    2. castrón da verroalla

      Castrón que está en celo.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Avespa de gran tamaño, principalmente a especie Vespa crabro, que aniña nos ocos dos carballos.

  3. s

    Persoa bruta e de trato pouco afable.

    Ex: A enfermeira que me atendeu era un castrón.

Frases feitas

  • Andar ao castrón. Estar a cabra en celo.

  • Vai levar o castrón ao monte! Díselle a alguén que está incomodado ou a amolar, para que acougue.