catecolamina
catecolamina
(< catecol + amina)
s
f
[BIOQ/FISIOL]
Cada unha das aminas de orixe natural (dopamina, adrenalina, noradrenalina), derivadas do aminoácido tirosina, ou sintética (isopropilnoradrenalina). Actúan como neurotransmisores do sistema nervioso vexetativo simpático. A adrenalina e a noradrenalina prodúcense en exceso en caso de feocromocitoma.