catecumenado
(< catecúmeno)
-
s
m
[RELIX]
Período de preparación para o bautismo e conxunto de elementos rituais e xurídicos que o configuran como unha institución eclesiástica. Coñecido por documentos dos ss I e II (Dιδαχή ‘ensinanza’ de Xustino, Tertuliano), aparece institucionalizado na Tradición apostólica de Hipólito (s III). Comprendía dúas etapas: a primeira podía durar diversos anos, normalmente dous ou tres, e a segunda estaba formada por aqueles que se ían bautizar na próxima Pascua (“iluminados”) e que, durante a Coresma, recibían unha instrución doutrinal e litúrxica. O catecumenado institucional foi desaparecendo ao facerse normal a práctica do bautismo dos nenos. Non obstante , o ritual do bautismo dos adultos de 1972 outorgoulle unha vixencia plena á práctica do catecumenado.
-
s
m
[RELIX]
Período no que se imparte esa instrución.
-
s
m
[RELIX]
Condición de catecúmeno.