cátedra
(< lat cathĕdra
-
s
f
Asento colocado nunha plataforma ou púlpito, dende onde os profesores lían ou explicaban maxistralmente unha ciencia ou unha arte aos seus alumnos.
-
s
f
Cargo que exerce un catedrático.
Ex: Desempeña a cátedra dende hai moitos anos.
-
s
f
Disciplina que é obxecto de estudio e investigación na universidade, recoñecida oficialmente e que está dirixida por un catedrático.
Ex: A cátedra de medicina deu a coñecer as novas investigacións sobre a enfermidade.
-
s
f
[RELIX]
Asento con espaldeira ou dosel, ocupado polo bispo no presbiterio. É o símbolo do maxisterio oficial da Igrexa.
-
s
f
[RELIX]
Cargo ou dignidade pontificia ou episcopal.
-
cátedra de san Pedro
[RELIX]
-
Monumento de bronce, situado na igrexa de San Pedro, onde se presupón que sentou este apóstolo.
-
Dignidade de papa.
-
Frases feitas
-
Sentar cátedra. Pronunciarse con autoridade e de forma concluínte sobre unha determinada materia ou asunto. OBS: Tamén se pode empregar en sentido irónico.