cato -ta

cato -ta
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos catos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo xermano dos catos.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo xermánico que viviu nas terras comprendidas entre o Rin, o Main e o Lahn. A conquista do país comezou polo SO, durante o goberno de Augusto e Tiberio. Participou na sublevación que dirixiu Arminio contra os romanos e mantiveron a súa independencia ata que foron absorbidos polos francos no s III d C. Os principais núcleos deste pobo foron Castellum Casttorum, actual Cassel, e Mattiacum, que se corresponde coa moderna Wiesbaden.