catódico -ca

catódico -ca

(< cátodo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao cátodo.

  2. adx

    Que emana do cátodo.

  3. protección catódica [TECNOL]

    Procedemento de protección de estruturas metálicas contra a corrosión, que consiste na polarización negativa da estrutura en relación ao medio que a rodea. A protección catódica emprégase en canalizacións soterradas, pozos de petróleo, diques flotantes, barcos, estruturas metálicas de cemento armado, etc.

  4. raios catódicos [FÍS]

    Feixe de electróns emitidos polo cátodo dun tubo electrónico e acelerados por un campo eléctrico. J. W. Hittorf descubriunos no ano 1869. W. Crookes estudiounos en 1897 e observou que os raios sufrían unha desviación provocada polos campos magnéticos ou eléctricos. J. J. Thomson mediu estas desviacións e demostrou que estaban formados por partículas de carga negativa: os electróns. En 1898 Lenard descubriu que podían penetrar en certas substancias. Os raios catódicos teñen diversas aplicacións, como os tubos de raios X, o microscopio electrónico e, especialmente, os tubos de raios catódicos.

Palabras veciñas

Catlin, George | cato | cato -ta | catódico -ca | cátodo | catodoluminiscencia | Catoira