Cebreros
Cebreros
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria do Cebreiro. As súas armas levan, en campo de ouro, un río con ondas de azul e prata, en situación de faixa, acompañado de seis estacas de sinople, tres en faixa e tres en punta, na mesma posición. Outra variante emprega, en campo de prata, unha montaña de sinople.